X

O V Día do Pequebasket en Carballo abre a inscrición de equipos

O V Día do Pequebasket en Carballo abre a inscrición de equipos

O Mércores día 11 de Abril, ábrese o prazo de inscrición para a quinta edición do DIA DO PEQUEBASKET. A Escola Basket Xiria espera reunir o vindeiro 17 de maio en Carballo a máis de 600 nenas e nenos de 5 a 8 anos de idade, que gozarán xunto ás súas familias dunha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión. Ao mesmo tempo que seguen a chegar solicitudes de participación, o equipo organizador do DIA DO PEQUEBASKET avanza na programación dos distintos apartados da actividade, que ten un marcado carácter familiar e que supón, ao mesmo tempo, unha homenaxe do baloncesto carballés ao Día das Letras Galegas.

O prazo de inscrición rematará o día 6 de Maio e as solicitudes tramítanse a través da FEDERACION GALEGA DE BALONCESTO, no enderezo electrónico: galicia2018@fegaba.com  e a solicitude de inscrición, ao igual que toda a información dispoñible sobre o evento está páxina web:  www.diapequebasket.es.

 Folla de inscrición

Arquivado en:

Novas