X

O VI Circuíto provincial de carreiras populares “Deputación da Coruña” chega a 10 concellos da Costa da Morte

O VI Circuíto provincial de carreiras populares “Deputación da Coruña” chega a 10 concellos da Costa da Morte

Vimianzo acolle unha das primeiras carreiras este domingo 22 de abril. Un total de 30 concellos da provincia da Coruña acollerán, ao longo do presente ano, outras tantas carreiras incluídas dentro da VI edición do Circuíto de carreiras populares “Deputación da Coruña”, organizado pola área de Deportes da institución provincial en colaboración coa Federación Galega de Atletismo.

A axenda das competicións, que se estende entre os meses de abril e decembro, espera acadar nesta sexta edición a cifra de 15.000 participantes, despois de que o ano pasado se chegase case aos 14.000 entre as diferentes categorías (benxamín, alevín, cadete, xuvenil, absoluta e veteranos).  Vimianzo, Mazaricos, Zas, Carballo, Cee, Muxía, A Laracha, Carnota, Cabana de Bergantiños e Fisterra serán os municipios da Costa da Morte que acollerán as carreiras no 2018.  

O domingo 22 terá lugar a carreira pedestres do concellos de Vimianzo, na súa oitava edición. Os participantes de categoría absoluta terán que percorrer unha distancia de 10 quilómetros. O municipio de  Mazaricos acollerá a súa proba durante o mes de maio; Zas,  Carballo e Cee farano en xuño; Muxia e Laracha en xullo; Carnota en agosto; Cabana de Bergantiños en setembro e Fisterra en outubro.

Arquivado en:

Novas