X

“Obradoiro sobre Novas Tecnoloxías e o seu impacto no sector turístico”

“Obradoiro sobre Novas Tecnoloxías e o seu impacto no sector turístico”

O vindeiro xoves día 30 de novembro na Casa da Cultura de Vimianzo a partir das 18:00 desenvolverase o “Obradoiro sobre Novas Tecnoloxías e o seu impacto no sector turístico”. Esta actividade, sen custo para os asistentes, encádrase dentro do III Plan de Formación do Clúster de Turismo de Galicia. Podes inscribirte a través da seguinte ligazón https://www.iffe.es/formacion-cluster-turismo-galicia/tecnologia-y-turismo/#tab-1473681069111-4-6b46e-37b6, ou ben chamándonos ao 981 654 772. 

Esta sesión consistirá nun Taller sobre Novas Tecnoloxías: Impacto e aplicacións ao sector de 2 horas de duración, dirixido a sensibilizar acerca da importancia da incorporación da tecnoloxía á xestión das empresas turísticas, xa presente de forma masiva en áreas como a da comercialización, pero cun longo percorrido aínda por facer en cuestións como a optimización de procesos, a xestión dixital integral, a integración de canles ou a diferenciación, personalización e estudo dos clientes. O obxectivo desta xornada é coñecer as tendencias e posibles aplicacións ao sector para manter os actuais niveis de calidade e mellorar a produtividade e competitividade. Os relatores serán Jósé Miguel Alarcón e Covadonga Vigil Álvarez dúas autoridades no sector turístico a nivel nacional.

Máis información...

Arquivado en:

Novas