X

Os Galp Costa da Morte, Costa Sostible e Ría de Arousa celebran tres xornadas de familiarización para a Ruta dos Faros.

Os Galp Costa da Morte, Costa Sostible e Ría de Arousa celebran tres xornadas de familiarización para a Ruta dos Faros.

Co obxectivo de familiarizar ás empresas do territorio coa Ruta dos Faros de Galicia, os Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro están a organizar viaxes de familiarización aos principais recursos turísticos dos correspondentes territorios da Costa da Morte, Costa Sostible e Ría de Arousa. Nestes FamTrips visitaranse os espazos máis importantes desta ruta buscando a identificación destes recursos por parte das empresas do territorio e as dos concellos limítrofes

Os 3 Fam Trips, non só contemplan a visita a recursos fundamentais dos tres territorios, senón que tamén se celebrarán xornadas de traballo específicas na que se explicarán con os contidos da Ruta dos Faros. A continuación levarase a cabo unha xornada de networking mediante unha novidosa técnica que facilitará ás empresas emprender novas alternativas de colaboración. Así tamén, convidarase ás persoas participantes a unha degustación de pinchos mariñeiros en establecementos de restauración de renome.

Para facilitar a participación, haberá autocares gratuítos que farán paradas en puntos estratéxicos dos 3 territorios. As persoas interesadas en participar deberán escribir ao correo electrónico arutadosfaros@gmail.com ou ben cubrir o seguinte formulario: http://bit.ly/FamTripsRutadosFaros. As prazas son limitadas e o prazo de inscrición remata o vindeiro xoves 22 de novembro.

O primeiro Fam Trip será o correspondente ao territorio do GALP Costa Sostible o vindeiro luns 26 de novembro. Este evento contará cunha visita ao Faro e ao Museo da pesca de Fisterra, unha ruta coas Mariscadoras do Pindo, un paseo no barco Joaquín Vieta e a ruta da Auga e do Sal. O Semáforo de Fisterra encargarase da degustación de pinchos mariñeiros e os autocares farán paradas en FEXDEGA (Vilagarcía de Arousa) ás 8:15, na gasolineira da entrada de Rianxo ás 8:30, nos Xulgados de Carballo ás 9:00 e no concello de Vimianzo ás 9:30.

A segunda quenda será para o GALP Ría de Arousa o venres 30 de novembro. Neste Fam Trip visitarase o Mercado Municipal de Ribeira, a Illa de Sálvora, o Faro de Corrubedo e o Miradoiro de A Curota. Os autocares farán paradas nos Xulgados de Carballo ás 7:45, no concello de Muros ás 9:00, en FEXDEGA ás 9:00 e na gasolineira da entrada de Rianxo ás 9:20. Neste caso o restaurante encargado do pincho mariñeiro será o Benboa.

O último destes programas será no territorio do GALP Costa da Morte o vindeiro luns 3 de decembro. Visitarase o Faro Vilán, o Secadoiro de Congro, o Santuario da Virxe da Barca, o Museo Man e farase a ruta da Mariscadora e a dos Naufraxios. Os autocares poderán collerse o mesmo día ás 8:00 en FEXDEGA, ás 8:20 na gasolineira da entrada de Rianxo e no concello de Muros ás 8:30. O Rincón da Baiuca será o local encargado do pincho mariñeiro.

Nas páxinas de Facebook de cada un dos GALP poden consultarse os pormenores de cada un dos programas e poden solicitar máis información sobre cada un deles entrando en contacto cos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro.

 

Arquivado en:

Novas