Pedra da Serpe
A Pedra dá Serpe é un monumento único de orixe descoñecida e data incerta.
Trátase dunha roca de granito co relevo dunha serpe, sobre a que se cravou unha cruz. Na base do cruceiro podemos apreciar a figura dunha serpe alada, algo excepcional no mundo occidental.
En Galicia as representacións das serpes remóntanse á época megalítica, aparecendo algúns gravados en dólmenes. Tamén está presente o motivo da serpe nalgúns petróglifos e nalgúns xacementos dos castros. O relevo figurativo, como o desta pedra, só aparece a partir da romanización.
Conta a lenda que foi San Adrián, patrón desta parroquia, o que librou a esta terra dunha praga de serpes, ao golpear fortemente co pié no chan e facelas desaparecer a todas, quedando encantadas baixo esta pedra.
+información