X

Praia de Laxe

Praia de Laxe

Ao pé das casas, a gran praia de Laxe, resgardada dentro da ría, caracterízase polas súas augas tranquilas e limpas, e por ter unha area fina e moi branca. As dimensións desta praia son de lonxitude 1 Km e 320 metros e anchura de 50 metros. Por estar no mesmo centro da Vila de Laxe conta con servizos propios dunha praia urbana: aparcadoiro para os coches, varias duchas ao longo da praia, autobuses, vixilancia, pasarelas, ramplas de acceso para os minusválidos, paseo marítimo, limpeza diaria, cruz vermella, sinalización do estado do mar, establecementos de hostalería e restauración moi próximos á praia, etc.

Arquivado en:

Praias