Praia de Sabadelle
Entre Traba e Camelle, na parroquia de Carantoña, atópase a enseada de Sabadelle, un dos puntos nos que Vimianzo toca o mar.
Este antigo porto baleeiro ocupado desde o século XIII por pescadores vascos, e máis tarde por pescadores noruegueses, agora é unha pequena praia de cantos rodados enmarcada nun contorno salvaxe, con regatos que desembocan no mar, e cunha zona boscosa.
Nas súas proximidades aínda se atopan restos dun poboado de orixe medieval.