X

Praia e lagoa de Traba

Praia e lagoa de Traba

A praia de Traba é sen dúbida a praia máis grande, agreste, e con máis valor ambiental de todas as que hai en Laxe. Ten case tres quilómetros de lonxitude e esta rodeada por un inmenso areal, con dunas, e unha lagoa costeira cargada de lendas. O gran interese ambiental da lagoa e da praia de Traba foi recoñecido ao ser declarada "Espazo Natural" co nome de Espazo natural da Lagoa e Dunas de Traba.