Praia O Pendón
Praia fluvial con acceso desde As Revoltas (Canduas). Nela atópase o punto medio da Senda Fluvial do rio Anllóns e tamén está situado un pequeno museo e taberna típica, ademais da sede do Club Náutico de Cabana de Bergantiños. Conta cun pequeno aparcadoiro. A Senda Fluvial dotouna dunha de praza, bancos e papeleiras. No verán posúe servizo de salvamento.