X

Presentación da nova web dedicada ao conxunto dos Batáns e muíños do Mosquetín

Presentación da nova web dedicada ao conxunto dos Batáns e muíños do Mosquetín

O Concello de Vimianzo acaba de presentar unha nova web dedicada ao conxunto etnográfico dos batáns e Muíños do Mosquetín. A nova web,que está en galego, castelán en inglés, recolle dunha maneira clara e intuitiva distintas informacións relativas ao conxunto etnográfico do Mosquetín. Nela pódese acceder á historia do conxunto e a informacións relativas aos muiños e aos batáns quenos facilitarán a visita. Ao mesmo tempo pódense descargar disitntos folletos e publicacións relativas ao conxunto. a web é accesíbel dende o enderezo: http://osbatans.gal

Arquivado en:

Novas