X

A Xunta Directiva do CMAT reúnese para avaliar a situación do sector turístico da Costa da Morte e reformular a estratexia 2020

05/05/2020

A Xunta Directiva do CMAT reúnese para avaliar a situación do sector turístico da Costa da Morte e reformular a estratexia 2020

A Xunta Directiva da CMAT reuniuse hoxe grazas á tecnoloxía para planificar e preparar a toma de decisións sobre os cambios a implantar na xestión do xeodestino durante o 2020, onde o foco de traballo non estará tanto na promoción como nas persoas.

Aínda que hai factores importantes por revelar aínda, como coñecer en detalle o Plan de Reactivación do sector turístico da Xunta, os protocolos e a certificación promovida polo ICTE e a Secretaría General de Turismo, ou o alcance dos convenios que se asinarán entre a Xunta e os xeodestinos, sen contar coa propia evolución da epidemia e as fases de desconfinamento, a CMAT xa estableceu prioridades para este 2020.

En resumo, a CMAT fortalecerá a comunicación interna, tanto cos distintos socios como co resto de entidades e organizacións de carácter local de Costa da Morte; traballará no apoio ás empresas turísticas na información, asesoramento e formación relacionada coa implantación de medidas para prevenir ao máximo os contaxios por COVID-19; cambiará as estratexias de marketing para contribuír ao posicionamento como destino seguro, poñendo as persoas no centro desas estratexias e incluíndo á poboación local; e traballará para fomentar o turismo interno e de proximidade.

A CMAT traballa para reformular os actividades programadas para o 2020, en coordinación coa Deputación da Coruña e Turismo de Galicia, priorizando sempre a seguridade sanitaria.

Ademais, na xuntanza de hoxe, volveu a poñerse sobre a mesa O Camiño dos Faros e os problemas para a súa homologación, sendo de gran relevancia a continuidade do mesmo e a súa vontade de traballar para no perder este recurso tan importante para o desenvolvemento de Costa da Morte.

 

Arquivado en:

NOVAS DE INTERESE Novas