X

Robledal Devesa da Lúa

Espazo natural aberto onde se atopan un gran número de carballos a beiras do río que o cruza. Coñéceselle como "A Devesa dá Lúa" porque ten forma de media lúa. É unha bonita senda para dar un paseo; con pasarelas, pontes de madeira e muíños de río que fan desta paraxe un lugar encantador para evadirse.

Na contorna do robledal, pódese ver o castro de Berdeogas (sen escavar), a Igrexa de Santiago de Berdeogas, un pombal e un hórreo. Os hórreos tiñan a función de celeiro, como almacenaxe da colleita. Neste caso, polo feito de estar tan próximo á igrexa e á casa reitoral, ademais de ter unha moi boa pedra na súa construción, debeu pertencer ao clero ou ben ás familias máis podentes da parroquia. Este en concreto, é un hórreo singular tanto polo seu tamaño como pola súa morfoloxía. É o máis longo do concello de Dumbría e é irregular. Non ten os pés pares, senón que ten 15 pola zona norte e 16 pola sur.

Aquí celébrase a Festa da Familia, o domingo da última quincena de xullo, onde se reúnen as familias da comarca para gozar todos xuntos dunha xornada no campo. Hai misa, música e baile tradicional, empanada, churrasco e viño. É unha festa promovida polo Concello.

+información