Senda Nova pon en marcha unha nova edición dos seus "Xoves de Filme"
Seguindo co obxectivo de resaltar os valores ecolóxicos e culturais da bisbarra a través de documentais, a Asociación Senda Nova pon en marcha unha nova xeira do xa coñecido programa XOVES DE FILME.
No seguinte ciclo de proxeccións coinciden varias propostas dun interese cultural e paisaxístico local, sobre todo da comarca de Soneira, que conviven con outras dúas proxeccións de carácter sociocultural que tratan sobre a colectividade do monte e o esgotamento de recursos. Finalmente e, como é habitual nos diferentes programas de filme, unha temática que segue a poñer o foco nunha problemática contundente no noso territorio como son os incendios forestais. Unha reflexión que analiza as verdadeiras causas polas que arde o noso país.
Con todo, o foco principal desta xeira de filmes corresponde á nosa estrea como entidade no mundo audiovisual. E HOXE QUEN BAILA? é o primeiro dos documentais baseado en tantos e tantos faladoiros cos nosos maiores por 21 parroquias de Bergantiños e Soneira nas Historias de Inverno. Con todo e coma en todas as anteriores propostas dos Xoves de Filme, Senda Nova pretende o achegamento á ecoloxía e cultura, máis aínda dos espazos de máis de cerca, a través do audiovisual, e tamén dando pulo a traballos locais que mostran estudos elaborados da nosa realidade rural. A entrada é de balde. O horario ás 19h. dos xoves agás E HOXE QUEN BAILA? , que se proxectará o venres 18 ás 20 h.
Estas son as propostas:
19 ABRIL: Os Penedos de Pasarela e Traba. A arte dos dedos do tempo
26 ABRIL: Non hai mañá
3 MAIO: Ruta das antas da Costa da Morte. Os principais monumentos megalíticos
10 MAIO :En todas as mans