X

Taller de cociña e celebración do 20º aniversario de Mareas Vivas.

Taller de cociña e celebración do 20º aniversario de Mareas Vivas.

Hoxe venres pola tarde, ás 20.00 horas, no Museo do Mar, Noa Vázquez Rendal, impartirá un taller de cociña ecolóxica. A actividade, que inclúe demostración práctica, permitirá que o público asistente coñeza distintas recetas de cociña ecolóxica, sostibles e aptas para tódolos petos.

Noa Vázquez, Asesora Nutricional, Licenciada en Bioloxía Ambiental, Licenciada en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e Mestrada en Medicina Natural, axudaranos tamén a coñecer a potencialidade que ofrecen os produtos das nosas hortas á hora de manter unha dieta saudable e equilibrada.

Mañá sábado 1 de decembro, na Lonxa de Laxe, a CRTVG rodará unha romaría para un especial do programa “INIMITABLES”, con motivo da celebración do 20º aniversario da mítica serie Mareas Vivas rodada neste concello.

Está confirmada a asistencia dos actores e actrices Isabel Blanco, Carlos Blanco, Ana Santos, Santi Romay, Patri (personaxe de Iria) e Mangüi. Así mesmo, está prevista a amenización musical con Mercedes Peón, o grupo de gaitas Maruxía, as pandereteiras Andora, O Tren da Unha e o regueifeiro Suso de Xornes. Poderán participar na rodaxe as persoas que o desexen, sen inscrición previa, e hasta completar o aforo da Lonxa.

Arquivado en:

Novas