X

Taller degustación de tenreira galega no Museo do Mar.

Taller degustación de tenreira galega no Museo do Mar.

O venres 23 de febreiro ás 19.00 horas, no Museo do Mar de Laxe, haberá un taller degustación de tenreira galega a cargo de Luis Antonio Vázquez Pérez, director de promoción e relacións externas da “IXP Ternera Gallega”. O cociñeiro será Marcos Seoane, do Restaurante Río Sil de Carballo. O programa de actividades “Inverno Gastronómico e Enolóxico” pechará a parte gastronómica o vindeiro venres ás 7 da tarde no Museo do Mar.

 A actividade desta semana consiste nun taller práctico e posterior degustación da Identificación Xeográfica Protexida (IXP) Tenreira Galega. Luis Antonio Vázquez Pérez, director de promocións e relacións externas da IXP Ternera Gallega, será o encargado da parte teórica. A parte práctica correrá a cargo de Marcos Seoane, cociñeiro do Restaurante Río Sil de Carballo. Este taller é de balde para o público, e está aberto a tódalas idades. Para o mes de marzo, as actividades programadas estarán adicadas a potenciar a cultura do chateo en Laxe.

Arquivado en:

Novas