X

Torres do Allo supera os 2.000 visitantes dende comezos de ano

Torres do Allo supera os 2.000 visitantes dende comezos de ano

As Torres do Allo continúa batendo récords de público mes a mes. En maio foron máis de 700 as persoas que visitaron o monumento e realizaron algunha das súas actividades especiais. Isto supón un incremento de máis do 70% con respecto do mes de maio do ano anterior. En total son 2.126 as persoas visitantes dende comezos de ano ata este 1 de xuño. Un incremento certamente espectacular respecto do 2017 no que se rexistrou un acumulado de 1.637 persoas; e aínda máis con respecto do 2016, no que o acumulado era de 765 persoas. Polo tanto falamos dun incremento acumulado do 30% e do 177% respectivamente.

A estes datos contribúe significativamente o comezo das actividades didácticas dirixidas á comunidade escolar dentro do programa educativo das Torres do Allo. Foron máis de douscentos alumnxs de diversas idades xs que recalaron no Allo para facer a visita guiada didáctica e algún dos seus obradoiros, notablemente a Xincana do Allo, un xogo de probas a través do cal coñecen a historia do pazo e da súa contorna.

Tamén os grupos organizados escollen cada vez con máis frecuencia e antelación este destino turístico-cultural como parte do seu itinerario programado. 191 persoas achegáronse a este monumento do Concello de Zas para visitalo en grupo, entre elas as pertencentes ao intercambio Regueifesta, e a senda inclusiva Camiño Sen Límites, entre outros.

Arquivado en:

Novas