X

Turismo de Galicia acorda a firma do convenio plurianual ca CMAT cunha dotación de 150.000 euros.

Turismo de Galicia acorda a firma do convenio plurianual ca CMAT cunha dotación de 150.000 euros.

O Consello da Xunta de Galicia autorizou a pasada semana unha subvención de 150.000 euros para a CMAT. Turismo de Galicia asina un convenio plurianual de colaboración coa CMAT para que esta entidade realice actividades de valoración dos recursos do xeodestino Costa da Morte.


Turismo de Galicia asina, xunto a este, cinco convenios de colaboración de carácter plurianual con entidades supramunicipais que se traducirán nun investimento total de 1,3 millóns de euros para a creación e consolidación de novos produtos turísticos.
O ente galego aposta por consolidar a comunidade como un destino diversificado que ofrece atractivos turísticos repartidos por toda a xeografía galega, pondo en valor os mellores recursos propios de cada zona, o que contribúe á especialización da oferta e á desestacionalización na chegada de visitantes..
Nestes convenios inclúese a promoción, internacionalización, creación e mellora de produtos con base a recursos propios de cada zona. Inclúe tamén a accesibilidade a áreas dos xeodestinos e a implantación e desenvolvemento de novas tecnoloxías no sector turístico. Cada comarca deberá pór en valor os seus mellores recursos , especializar a oferta e desestacionalizar a chegada de visitantes.

Arquivado en:

Novas