X

Un Belén xigante de eucalipto preside a entrada do Concello de Mazaricos

Un Belén xigante de eucalipto preside a entrada do Concello de Mazaricos

Así decidiron visibilizar e apoiar as asociacións Eu Son Mazaricos, as Amas de Casa e as nenas e nenos MZ no concurso de fachadas e escaparatismo #ArrincaUnEucalipto. Contaron coa inestimable axuda de Jorge Sanmartín, que se encargou das tallas.

A inauguración correu a cargo dos nenos e nenas do colexio que, ademais, colgaron palabras nunha escaleira dos desexos que forma parte da composición. Polas dimensións e a composición a base de eucalipto, espertou gran interese tanto nos máis pequenos como entre os transeúntes que pasaban por alí. Pola noite terá iluminación para que resalte no centro da Picota.

Por outra banda, o Concello convoca ás diversas asociacións a engalanar un tractor para a cabalgata de Reis. Polo momento respostaron varias á convocatoria polo que será unha cabalgata única e diferente. A cabalgata é un complemento ao brinde leiteiro que terá lugar o día 31 tras a Carreira do Leite, pois ambos pretenden amosar a #EsenciaMZ e reivindicar o orgullo de ser un concello gandeiro e rural.


Arquivado en:

Novas