X

Un Nadal cheo de actividades en Mazaricos

Un Nadal cheo de actividades en Mazaricos

O Nadal chega a Mazaricos cheo de eventos para desfrutar. O primeiro deles esta mesma semana, coa edición de Nadal de Mazachef, o exitoso curso de cociña da aula gastronómica. O xoves, o curso de defensa persoal para mulleres o sábado pola mañá e o Festival de Nadal da Escola de Música pola tarde.

O alcalde, Juan José Blanco Riveiro quixo salientar que se “levarán a cabo tres campañas, unha de fomento do comercio local, co sorteo de vales de 50€, outra do turismo, na que o premio será unha fin de semana de turismo no Concello e unha terceira na que as nenas e nenos escribirán os seus desexos para o concello”.

Tras iso queda a inauguración do Belén de madeira ou o gran concerto de Tania Fuegho o 22 ás dez da noite, para o que é preceptivo reservar entrada chamando ao 981 86 71 95. Ao día seguinte, o domingo, María del Carmen Rey Núñez presentará a súa obra “Mulleres”.

O mércores 26, xoves, 27 e venres, 28 será a quenda ideal para nenas e nenos, pois terán obradoiros diversos polas mañás e cine polas tardes na Casa de Cultura. Non podía falta o gran baile das persoas maiores o día 30 tamén na Casa de Cultura. O día de fin de ano reedítase a Carreira do Leite, que o ano pasado se suspendeu pola meteoroloxía. Ao chegar de correr será o IV Brinde Leiteiro.

O sábado 5 hai dúas chocolatadas: unha pola mañá, acompañada dun concerto de reis en San Cosme de Antes e outra na Picota tras a cabalgata das Súas Maxestades que volverán visitar Mazaricos en tractor.

Arquivado en:

Novas