X

Unha delegación de La Turballe visitará Camariñas en Maio.

Unha delegación de La Turballe visitará Camariñas en Maio.

As actividades de intercambio entre o concello francés de La Turballe e Camariñas continúan neste ano 2018. Do 23 ao 29 de maio, un grupo de máis de 20 persoas, presididas polo alcalde de La Turballe, coñecerán Camariñas e a Costa da Morte. O grupo vendrá por terra e tamén en embarcacións que amarraran durante eses días no porto deportivo xestionado polo Club Naútico de Camariñas.

O programa de visitas guiadas e contactos é intensivo, sobre todo o sábado 26 e o domingo 27 de maio. Entre os actos previsto contaremos coa celebración dun Pleno Extraordinario de irmandamento acompañado do izado das bandeiras francesas e de La Turballe no Concello de Camariñas que contará coa presenza do alcalde e o grupo francés. Esta delegación coñecerá aos rapaces e proxenitores participantes na actividade organizada pola Biblioteca camariñana “O berberecho revecho visita La Turballe” e intercambiaran debuxos e saúdos.

A Festa do Foxo dos Lobos é unha das actividades que máis interesan aos invitados franceses que recoñecen estar entusiasmados por formar parte da dramatización e reconstrucción destas antigas tradicións.O aspecto gastronómico e musical tamén se contemplan, organizándose unha exhibición-obradoiro culinario no que se realizarán crêpes e “galettes” (de alforfoón , mantequilla salgada e guarnición de embutidos) e tamén filloas e empanadas. Este intercambio de receitas e técnicas desenvolverase o sábado 26 de maio.

As gaitas son outra das sinais de identidade que nos unen, aínda que son gaitas moi diferentes. Tamén aproveitase a estancia para facer un encontro de música na que este instrumento terá gran protagonismo. O Concello de Camariñas tamén ten previsto visitar La Turballe en xuño de 2018 para coñecer unha das festas máis turísticas deste concello: A Festa do Vento. Os detalles desta actividade concretaranse nas próximas semanas.

 

Arquivado en:

Novas