X

Unha historia de Vimianzo

08/08/2018

Unha historia de Vimianzo

Onte presentouse en Viñetas dende o Atlántico o cómic “Unha historia de Vimianzo”. No acto de presentación interviron Marta Rei, Concelleira de Cultura de Vimianzo, Ruben Rial, autor dos debuxos e Manel Cráneo, afamado dibuxante de cómic. Tamén estiveron presentes Manuel Antelo, alcalde de Vimianzo e Sabela Herrero, técnica de cultura de Vimianzo. No acto destacouse a importancia de dar a coñecer a historia e de contribuír á posta en valor do patrimonio utilizando unha ferramenta coma o cómic. 

 

 

Arquivado en:

Novas