X

"Veran Cultural" en Carballo

"Veran Cultural" en Carballo

O Verán Cultural enche os meses de xullo e agosto dunha ampla oferta de espectáculos que teñen lugar cunha periodicidade case diaria. Está organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de Carballo en colaboración con diversas entidades.

Inclúe proxeccións de cinema ao aire libre coas "Noites de cine", teatro, espectáculos infantís e, sobre todo, concertos de importantes artistas e grupos da maior repercusión e proxección nos escenarios galegos, música tradicional galega, danza, música internacional, pop, rock, fusión, jazz, gospel, etc. Os concertos son sempre de balde e teñen lugar na Praza do Concello todos os venres.

O Verán Cultural inclúe o Festival Sereas e Piratas, de pop-rock, organizado pola Asociación Cultural Rebeldía e que ten lugar na praia de Razo no mes de xullo. Despois dunha década, tense convertido nunha cita tradicional para a música alternativa feita en Galicia.

Descargar Programa

Arquivado en:

Novas