X

XXVII Carreira das Areas do Concello de Carnota

XXVII Carreira das Areas do Concello de Carnota

Xa está aberto o prazo de inscrición da XXVII Carreira das Areas do Concello de Carnota, a 8º proba incluída no V Circuíto Correndo pola Costa da Morte. A data elixida este ano é o día 26 de agosto. A meta estará colocada na Praza de Galicia, de onde sairán todas aquelas persoas que desexen participar nesta peculiar proba. Na competición poden participar tanto nenos (dende os 3 anos) como adultos. As inscricións realizaranse a través da páxina web www.championchipnorte.com ata o mércores 22 de agosto ás 23:59 h. A solicitude de inscrición para os deportistas menores de idade deberá ir acompañada dunha autorización paterna, segundo o modelo establecido pola organización. O dito modelo poderase descargar na páxina web www.championchipnorte.com e tamén estará á vosa disposición no Departamento de Deportes do Concello de Carnota.

O horario de apertura das mesas para a recollida de dorsais será ás 08:00 h na Casa do Concello. Os dorsais e chips poderanse recoller ata 30 minutos antes do inicio da proba. A recadación das inscricións da proba de 3km irá destinada á Asociación Provincial Contra o Cancro. Todas aquelas persoas que desexen contribuír, sen participar na carreira, poderán facelo inscribíndose no apartado FILA 0 que aparecerá na web www.championchipnorte.com

 

Arquivado en:

Novas