X

Presentación do libro "Finis Terrae", de Marcos Rodríguez

23/04/2024 - 23/04/2024

Museo de Bergantiños

Presentación do libro "Finis Terrae", de Marcos Rodríguez

O martes 23 de abril preséntase "Finis Terrae", o primeiro libro do fotógrafo carballés Marcos Rodríguez, publicado por Editorial Canela dentro da colección "Imaxes dun país".

Unha selección de 170 fotografías de contido etnográfico e social produto de case dúas décadas de percorrido pola Costa da Morte. Xentes, oficios, celebracións tradicionais e relixiosas, rituais, ao lume, á terra, ao mar… 

O texto de presentación do libro foi escrito pola poeta Rosalía Fernández Rial, que acompañará a Marcos Rodríguez como condutora do acto. O acceso ao recinto do Museo de Bergantiños será libre e de balde ata completar capacidade.

Presentación organizada polas áreas de Cultura e Bibliotecas de Carballo.

Volver atrás