X

A CMAT anima ao sector turístico privado a presentar a súa candidatura para ser a sede do III Encontro de Turismo de Costa da Morte ata o 30 de setembro

21/09/2023

A CMAT anima ao sector turístico privado a presentar a súa candidatura para ser a sede do III Encontro de Turismo de Costa da Morte ata o 30 de setembro

O 28 de novembro de 2023, celebrarase o que será o III Encontro de Turismo de Costa da Morte no territorio, un evento organizado pola CMAT co cofinanciamento de Turismo de Galicia e co apoio da Deputación da Coruña.

Este evento celebrouse por vez primeira no Parador de Costa da Morte (Muxía) en 2021 e o ano pasado en Costa Caión (A Laracha) e ten coma obxectivo ser un punto de encontro dos principais axentes públicos e privados do territorio que traballan para mellorar o noso destino turístico, poñer en común os éxitos acadados e pasar un rato distendido todos xuntos, intercambiando ideas e propostas para continuar crecendo dun xeito sostible tanto social como económica e socialmente.

Este ano, a CMAT quere ofrecer a oportunidade de ser sede deste encontro a todo o sector turístico da Costa da Morte e, para elo, habilita un prazo de presentación de candidaturas. Todo aquel establecemento que reúna os principais requisitos e que quera ofrecelo para ser a sede do encontro, deberá presentar cuberto e asinado o documento descargable que se atopa baixo estas liñas antes do 30 de setembro.

A continuación infórmase das principais características do evento:

Data, horario e duración do evento:

Martes 28 de novembro, en horario estimado de 17:30h a 20:00h.

Asistentes:

Gustaríanos contar coa capacidaded e acoller sobre 150 persoas, que serán:

  • Representantes dos 17 concellos que conforman a CMAT.
  • Representantes dos socios de APTCM.
  • Outras institucións colaboradoras coa CMAT.
  • Prensa e prescriptores.

Formato:

O evento terá dúas partes diferenciadas:

  • Presentacións institucionais. Nun escenario con apoio se imaxe e son, sucederanse diversas presentacións relacionadas cos principais proxectos de turismo de Costa da Morte promovidos pola CMAT e os seus socios.
  • Cóctel e traballo en rede. Tras as presentacións, os asistentes poderán falar distendidamente nun cóctel, no que se poidan desgustar, preferiblemente, produtos locais.

Equipamentos e servizos:

O formato do evento precisará que a sede conte con (ou teña capacidade de subcontratar) equipamentos tipo:

  • Imaxe e son: pantalla para proxectar, micrófonos, altavoces, atril, mobiliario para os relatores (cadeiras, mesas, etc.). Técnicos de apoio ante posibles incidencias.
  • Cadeiras para os asistentes.
  • Espazo para o networking.
  • Servizo de catering.

A continuación, indicamos principais requisitos mínimos que establece a CMAT para valorar as candidaturas:

  • Estar localizado na Costa da Morte.
  • Contar con aforo mínimo para 150 persoas.
  • Contar con espazos idóneos para o formato descrito en liñas anteriores.
  • Equipamentos e medios necesarios / capacidade de subcontratación dos medios dos que non se dispoña para o evento e xestión de subcontratación.
  • Experiencia en este tipo de eventos.
  • Contar con dispoñibilidade para a data e horario indicados.

Valoraranse especialmemente as candidaturas de establecementos asociados á CMAT a través de APTCM. 

Presentación de candidaturas:

  • Prazo: ata o 30 de setembro de 2023.
  • Formato: deberase cumprimentar correctamente o anexo descargable que se atopa ao final desta páxina.
  • Envío: enviar o anexo coa documentación complementaria que cada establecemento considere necesario e que axude á Xunta Directiva da CMAT a realizar as valoracións pertinentes ao correo da CMAT: admincmat@visitacostadamorte.com

 

Valoración de candidaturas:

A CMAT valorará as candidaturas recibidas e se porá en contacto con todas as empresas que se presenten para analizar a idoneidade e tratar os aspectos económicos, de modo que se seleccione a opción que máis encaixe coas necesidades do evento e das empresas.

 

DESCARGA O ANEXO

 

Arquivado en:

Novas