X

A Cmat comeza a semana ca presentación do seu Plan Formativo e a celebración dunha mesa de traballo en Cabana de Bergantiños.

A Cmat comeza a semana ca presentación do seu Plan Formativo e a celebración dunha mesa de traballo en Cabana de Bergantiños.

Este luns, a CMAT presentou, no salón de plenos do Concello de Cabana de Bergantiños, Plan Formativo para o último trimestre do ano. A continuación celebrouse a mesa de traballo dentro do marco do proxecto de “Actualización e Mellora das experiencias de turismo activo e turismo cultural de Costa da Morte”, cofinanciado pola Axencia de Turismo de Galicia.

No acto estiveron presentes o diputado provincial de Turismo, Xose Regueira, o presidente da CMAT, Juan José Blanco, Pablo Canosa, secretario da CMAT e os alcaldes de A Laracha, Jose Manuel López Varela, e Cabana de Bergantiños, José Muiño. Ao longo da súa exposición Regueria suliñou: “ que a Costa da Morte ten a opción de convertirse no primeiro destino de turismo deportivo de Galicia. Ningún outro destino galego estase a tomar tan en serio o potencial desta parcela do turismo” Según o diputado provincial: ”Os xeodestinos teñen como unha das súas prioridades o poñer mecanismos que axuden a mellorar a calidade e competitividade do sector. Por eso la Deputación ve tan interesante e necesario este programa de formación”

Por outra banda Juan José blanco, presidente da CMAT destacou “ a calidade dos nosos productos e empresas, e as multiples actividades que desenvolven ao longo do ano”. Para Blanco “o reto é poñelo en valor e acadar un maior crecemento socioeconómico”. Tamen estiveron presentes os reponsables das empresas encargadas de impartir os modulos formativos, os que explicaron polo miúdo cada una das tarefas docentes que se ían leva a cabo.

Este ano, a CMAT e a Deputación da Coruña, traballaron de reo no deseño dos módulos formativos que se celebrarán en dúas edicións, en lugares repartidos polo territorio de Costa da Morte, co obxecto de facilitar o máximo posible a asistencia dos alumnos.

A inscrición aos mesmos realizarase directamente coas empresas responsables dos módulos, profesionais con gran traxectoria en cada un dos campos formativos. De seguido ao acto de presentación do Plan Formativo da CMAT, celebrouse una das duas mesas de traballo prevista para esta semana, a empresa contratada para desenvolver o proxecto, mostrou a súa proposta de temáticas das novas experiencias aos númerosos asistentes que se congregaron no salón de plenos bergantiñán. Entre elas darán a coñecer lendas, lugares máxicos, personaxes mitolóxicos, rituais, folclore, artesanía, etc. Este tipo de ferramentas de traballo teñén como principal iniciativa a de recoller información e outras valiosas aportacións do sector para fortalecer os resultados e acadar a aprobación das propostas presentadas. A CMAT insiste na necesidade de desenvolver os proxectos en contacto continuado cos axentes locais, buscando a súa participación activa e a aprobación dos resultados.

Programa Formación

 

 

 

 

 

Arquivado en:

Novas