X

A Costa da Morte Asociación de Turismo (CMAT) e a Axencia Turismo de Galicia formalizan un acordo para impulsar o turismo no xeodestino

09/08/2023

A Costa da Morte Asociación de Turismo (CMAT) e a Axencia Turismo de Galicia formalizan un acordo para impulsar o turismo no xeodestino

 

A Costa da Morte Asociación de Turismo (CMAT) e a Axencia Turismo de Galicia formalizan un acordo para impulsar o turismo no xeodestino

ZAS. 9/08/2023 D. Manuel Muíño, Presidente da Costa da Morte Asociación de Turismo (CMAT) e D. Manuel Merelles, Director da Axencia Turismo de Galicia, asinaron o 9 de agosto de 2023 un convenio para a reactivación do turismo no xeodestino Costa da Morte.

Liñas de Acción e Orzamento Estimado

O convenio, cun importe total de 37.000 €, inclúe a realización de diversas actuacións, con especial atención á planificación, creación e consolidación de produto turístico no xeodestino. O orzamento estimado para estas iniciativas está distribuído da seguinte maneira:

  • Dentro da liña de actuación “Planificación, creación e consolidación de produto turístico no xeodestino”, está contemplada a “Planificación e coordinación para a posta en marcha e creación do produto turístico de Astroturismo”, por un importe de 12.000,00 €
  • Dentro da liña de actuación de “Comercialización, promoción e difusión de produto turístico”, están contempladas as seguintes accións, co seu orzamento correspondente:
    • Evento de promoción anual de Costa da Morte: 7.400 €
      • Dentro da celebración deste evento, o orzamento total distribuirase entre os seguintes servizos:
      • Reserva do Espazo, Cóctel e Audiovisuais
      • Presentador e relatores
      • Premio Embaixador da Costa da Morte: está planeado que, cada ano, o premio Embaixador/a da Costa da Morte sexa unha peza de artesanía da Costa da Morte.
    • Campañas de promoción de produtos turísticos diferenciadores: 6.000 €
    • Desenvolvemento de elementos promocionais físicos e/ou audiovisuais: 11.600 €

 

Financiamento e Achegas

 

Dentro do importe total do convenio (37.000 €), a Axencia Turismo de Galicia comprométese a financiar o 80% do orzamento, equivalente a 29.600,00 €, mentres que a CMAT realizará unha achega do 20%, ascendendo a 7.400,00 €.

O prazo de execución das accións será do 1 de xaneiro de 2023 ata o 30 de novembro de 2023, dado que o prazo para presentar a documentación xustificativa da subvención remata o 1 de decembro de 2023.

Importancia do Convenio

 

Este acordo permitirá un impulso significativo ao turismo na Costa da Morte, fomentando a súa promoción e consolidación como destino turístico de referencia. A colaboración entre a CMAT e a Axencia Turismo de Galicia reflicte o compromiso compartido co desenvolvemento sostible do turismo do xeodestino.



+ info: Costa da Morte Asociación Turística

Gabinete de Prensa da CMAT. 679.486.961

 

Arquivado en:

Novas