X

A Deputación da Coruña apoia con 80.000 euros a XXXV Mostra da Olería de Buño

A Deputación da Coruña apoia con 80.000 euros a XXXV Mostra da Olería de Buño

O deputado de promoción económica e emprego, José Luis García, e o alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga Veiga, asinaron hoxe un convenio de colaboración mediante o cal a institución provincial achega o 80% do orzamento do total do evento. A achega da Deputación destínase aos gastos en publicidade, material gráfico, alugueiro das carpas, dos espazos expositivos e das actividades que se levan a cabo

 

Esta achega supón o 80% do orzamento total do evento, incluíndo os gastos en publicidade, material gráfico, alugueiro das carpas, dos espazos expositivos, e das actividades como eventos, animación ou actuacións, ademais dos gastos de persoal para a organización do encontro. Con esta colaboración, a Deputación da Coruña amosa o seu apoio a esta XXXV Mostra da Olería de Buño e impulsa este evento, ademais de coma un recurso cultural e turístico, como unha actividade rendible de futuro que repercute favorablemente como medio de desenvolvemento económico, social e xerador de emprego e riqueza non só a nivel local, senón tamén na provincia.

A Mostra da Olería de Buño, que cumpre a súa trixésimo quinta edición, remata este domingo 29 de xullo, e está a desenvolver actividades coma roteiros turísticos, actuacións musicais, obradoiros e a mostra dos distintos tipos de artesanía tradicional da zona.

Arquivado en:

Novas