X

A Deputación mellora as estradas provinciais de Malpica e Ponteceso

A Deputación mellora as estradas provinciais de Malpica e Ponteceso

O Boletín Oficial da Provincia vén de publicar o anuncio de aprobación do Plan de Conservación de Vías Provinciais 2018, que afectan neste caso aos concellos de Malpica e Ponteceso. A institución provincial inviste 369.090,27 euros para financiar as actuacións que se levarán a cabo na DP 4307. En concreto, procederase á limpeza das beirarrúas e beiravías por ambas marxes nos tramos considerados.

Ademais, fresaranse e reporanse as zona deterioradas, realizarase a pavimentación do tramo da estrada con mestura asfáltica en quente de 6 cm de espesor en todo o ancho da rúa, realizarase o recrecido de tapas e sumidoiros, a canalización da cuneta nunha lonxitude de 30 metros e pavimentación de sobreancho e renovarase a sinalización horizontal, mediante pintura vial branca,  e vertical.

Arquivado en:

Novas