X

A Deputación presenta en Fairway o Camiño Fisterra-Muxía como unha das rutas xacobeas que máis medra

A Deputación presenta en Fairway  o Camiño Fisterra-Muxía como unha das rutas xacobeas que máis medra

Leira destacou “o enorme potencial turístico e económico para a provincia” das dúas rutas xacobeas que discorren integramente por territorio coruñés: o Camiño Inglés, que en 2018 rexistrou un incremento de peregrinos do 25% e o Camiño Fisterra-Muxía, que disparou o número de camiñantes nun 70% con respecto con respecto a 2017.

O deputado provincial subliñou que, dende o comezo das actuacións de desenvolvemento turístico até o momento actual, as cifras de afluencia de peregrinos pasaron de 1.500 a 15.000 a día de hoxe, “e agardamos que este ano a cifra se incremente ata os 20.000”, apuntou. Leira remontouse ás orixes do Camiño Fisterra- Muxía co obxecto de dar a coñecer a historia deste camiño e “posicionalo no panorama internacional”, xa que rexistra unha crecente afluencia de peregrinos de distintas nacionalidades. 

Pola súa banda, Ezequiel Mosquera narrou a súa experiencia persoal como peregrino e detallou algúns dos seus emprazamentos favoritos ao longo dos distintos tramos e etapas do Camiño.

 

Arquivado en:

Novas