X

As Torres do Allo pecha o 2018 con 9000 visitantes

As Torres do Allo pecha o 2018 con 9000 visitantes

As Torres do Allo recibiron ao longo do 2018 algo máis de 9000 visitantes, unha cifra coa que continúa o seu incremento de visitas emprendido dende que o Concello de Zas, a través da Concellería de Cultura, decidise dar un xiro na xestión do monumento. “As Torres do Allo ocupan xa un lugar destacado na lista dos monumentos máis visitados da provincia de A Coruña grazas ao atractivo patrimonial e natural deste espazo e tamén á crecente oferta cultural que alberga”, sinala Manuel García Velo, Concelleiro de Cultura. Con respecto ao ano anterior, data na que se bateron marcas, o número de visitantes incrementouse en algo máis de 1700 persoas. O cal se traduce nun 23% máis.

Con estas cifras, cumpriuse un dos obxectivos marcados polo Concello de Zas para este 2018 que foi aumentar o número de visitantes e converter así o pazo nun dos monumentos turísticos máis visitados da provincia. Para iso deseñou un completo programa de actividades culturais con carácter anual composto por máis de 20 citas dirixidas a diferentes públicos e idades. Ao longo do 2018, os visitantes puideron desfrutar da música, das visitas teatralizas, dunha mostra do traxe tradicional típico da Terra de Soneira, dunha exposición sobre a figura de Víctor Seoane, do xogo de pistas, dun mercado tradicional, do día do xogo tradicional, dun magosto, das monografías, dun concurso de fotografía, de visitas didácticas,… e doutras actividades de gran éxito e únicas na zona como o “Pazo Escape”. Este xogo de pistas e de aventuras para realizar en grupo, baseado no Escape Room, púxose en marcha no pasado mes de xuño e aos poucos días de abrir as inscricións xa se esgotaron todas as prazas disponibles. A través dunha historia sobre o monumento, os xogadores deberían saír da instancia nun tempo limitado. Con esta actividade, conseguiuse que o público local e con con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos se achegase ata o pazo e descubrir a súa historia dun xeito lúdico e pouco habitual.

 

Arquivado en:

Novas