X

A Asociación de Turismo Costa da Morte (CMAT) celebra a súa Asemblea Xeral con grandes fitos para este ano 2024

29/02/2024

A Asociación de Turismo Costa da Morte (CMAT) celebra a súa Asemblea Xeral con grandes fitos para este ano 2024

Os concellos da Costa da Morte e APTCM reman xuntos cara un 2024 cheo de actividades para promocionar o turismo no territorio

A Asemblea aproba as contas do exercicio anterior e enfoca os seus esforzos cara os grandes eventos deste 2024, como o VII Encontro Internacional Starlight

ZAS, 29/02/2024. A Asociación de Turismo Costa da Morte (CMAT) celebra a súa Asemblea Xeral anual coa participación dos concellos e da Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM) en Zas para revisar os seus obxectivos de cara a este 2024.

Durante esta Asemblea, celebrada o mércores 28 de febreiro en Zas, a entidade aprobou as contas do exercicio anterior e o estado de pagamento das cotas. Tamén presentou o seu novo servizo de comunicación e marketing e a planificación das actividades para este novo exercicio 2024, entre as que se inclúen eventos como o IV Encontro de Turismo de Costa da Morte ou o recentemente anunciado VII Encontro Internacional Starlight.

Neste sentido, a entidade amosa a súa vontade de remar de xeito uniforme para desenvolver un ano de traballo no que a promoción da Costa da Morte como un destino turístico diverso e desestacionalizado sexa unha prioridade.

+ info: Costa da Morte Asociación Turística: Gabinete de Prensa da CMAT. 623297799

Arquivado en:

Novas