X

Comeza unha nova edición do FIOT 2018

Comeza unha nova edición do FIOT 2018

O FIOT arrincará mañá cun espectáculo infantil e despedirase cunha comedia local, que promete ser desternillante. Este FIOT terá as súas estreas en Galicia, da man da colaboración entre A_Abdución e Buxam Producións e da unión de tres compañías, belga, catalá e madrileña.

O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo ( FIOT) foi recoñecido co Premio da Cultura Galega 2018 na categoría de Artes Escénicas.Estes galardóns son propiciados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia co obxectivo de apoiar a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección da construción cultural de Galicia nos ámbitos das letras, das artes plásticas, das artes escénicas, da música, do audiovisual, da lingua, do patrimonio cultural e da proxección exterior, que son as oito modalidades que contemplan os galardóns. O FIOT nos seus 27 anos de vida converteuse en “todo un referente na difusión e visualización das artes escénicas de Galicia.

Descargar programación

Arquivado en:

Novas