X

CONCURSO #muraisLarCMAT

CONCURSO #muraisLarCMAT

Como medio de por en valor a Costa da Morte, a CMAT organiza un concurso coa colaboración da asociación APTCM e do proxecto Lar na escola.

O proxecto Lar na escola xorde no ano 2006 co obxectivo de amosar a todos os mozos todas as opcións que ofrece o azulexo reutilizado como elemento decorativo. Para iso, organízase cada dous anos un concurso entre os centros educativos easociaciones sen ánimo de lucro que traballan con persoas con capacidades diferentes, fomentando o traballo en equipo en varias áreas: Lingüísticas, plásticas e audiovisuais.

Por mor da VII Edición obtivéronse 11 esculturas cuxo obxectivo foi reflectir os deportes acuáticos que se executan nas nosas costas e dar a coñecer ao resto do mundo a diversidade de actividades que se poden gozar no noso mar.

Nesta edición contouse coa participación de varias personalidades do mundo do deporte como son D. Quique Portela, adestrador nacional de Piragüismo e árbitro internacional de augas bravas, actualmente responsable do CMC Dumbría; D.Guillermo Carracedo, Campión de España (copa e circuíto) de pádel surf en 2014 (entre outros), quen ofreceu o seu coñecemento nos relatorios previos á elaboración dos proxectos e coa especial colaboración de Abel Lago, profesional do Kitesurf, campión do mundo en 2007 en KPWT na disciplina de Ondas, Subcampión mundial de Ondas en 2008, Racing e Overall e Campión de España de Ondas e Racing en 2009, quen participou no deseño da onda que serviu como base para cada mural.

Contando coa colaboración do Concello de Sanxenxo, quen expón 8 das ditas esculturas no seu paseo marítimo, queremos darlle visibilidade ao proxecto por medio dun concurso a través do cal se fará o sorteo de estancias en diferentes aloxamentos situados en Costa da Morte aportados por APTCM.