X

Información importante: Desprazamentos durante a alerta polo Coronavirus

Información importante: Desprazamentos durante a alerta polo Coronavirus

Ante a situación creada polo COVID-19, as autoridades sanitarias europeas e españolas, así como as diferentes administracións, recomendan restrinxir os desprazamentos e viaxes que non sexan imprescindibles.

Ademais, como medida de prevención os eventos e actividades foron cancelados ou pospostos ata que a situación se estabilice. Nesta ligazón do medio dixital Que Pasa na Costa poderedes consultar as medidas adoptadas por cada concello de Costa da Morte

Aínda que na Costa da Morte nos encantan as vosas visitas, queremos facernos eco destas recomendacións ante esta situación excepcional e temporal. Desde a CMAT apoiamos un turismo responsable e mostramos o noso compromiso con este sector. Seguiremos traballando para ofrecervos unha oferta de calidade para que, cando a situación volte a ser favorable, podades desfrutar da nosa terra e das marabillas que esconde, tanto como o facemos nós.

Arquivado en:

NOVAS DE INTERESE Novas