X

I Convivencia náutica Costa da Morte 2019

12/09/2019

I Convivencia náutica Costa da Morte 2019

O pasado 1 de Setembro iniciouse o “I Campamento de Vela” denominado “I Convivencia náutica Costa da Morte” e promovido por Loreto Núñez Varela e Gabriel González.

Este proxecto celebrado do 1 ao 8 de setembro nace como iniciativa conxunta de varias entidades como Club Náutico de Camariñas o Concello de Camariñas e a empresa UBUNTU para o fomento dos deportes náuticos en Costa da Morte.

Os participantes a este campamento provenientes de Camariñas, Vimianzo, Carballo, A Coruña e Lanzarote gozaron e descubriron a beleza da nosa terra practicando disciplinas como Vela, Windsurf, Kaiak, Surf, Roteiros de Sendeirismo, Ioga e meditación.

Toda unha experiencia que esperamos que se repita durante anos.

Arquivado en:

Novas