X

Mazaricos acondicionou o mirador desde o que o Pai Sarmiento describiu a comarca

Mazaricos acondicionou o mirador desde o que o Pai Sarmiento describiu a comarca

Durante as súas viaxes a Galicia, o sobradamente coñecido Padre Sarmiento foi tomando notas do seu percorrido. A súa incursión máis importante foi no 1975, nunha ruta na que pasou pola parroquia mazaricá de Arcos. Concretamente, desde o Enxilde, fai a seguinte descrición:

Mirando desde o mesmo lugariño de Enxilde e ó mediodía vese de fronte o monte Pindo, que non é tanto un monte empinado, máis unha serra, cadea ou retablo de montes unidos que fan á vista unha figura máis fermosa que a montaña de Monserrat. De feito convenlle o nome de Monte Pindo; e penso que será antigo, e que se lle poría a imitación do da Grecia”.

Para poñer en valor este lugar e afondar na paisaxe como un dos valores estratéxicos de Mazaricos, o concello acometeu tarefas de acondicionamento dun mirador con área de recreo por un valor de 36.000€.

Para o alcalde, Juan José Blanco Riveiro, “é outro chanzo na nosa aposta por un turismo respectuoso e sostible. O lugar presenta un alto potencial como espazo natural e por iso puxemos en valor esta parcela cunha área de estancia habilitada con bancos e merendeiros e mirador no lugar do Enxilde”. Ao fío disto engadiu que “é importante non só pola cuestión paisaxística senón tamén histórica, polo que haberá paneis informativos”. O mandatario asegurou que a “vista é inmellorable, con panorámicas sobre o encoro de Santa Uxía, a orografía do Pindo e Fisterra ao lonxe”.

Arquivado en:

Novas