X

Medio cento de coches deportivos enchen o Campo da Feira da Picota

Medio cento de coches deportivos enchen o Campo da Feira da Picota

Nin sequera o mal tempo venceu as ganas dos donos de coches deportivos de ensinalos en Mazaricos. Os primeiros en chegar foron os lucenses, contra as 10.30h e, ás 11.00h foron chegando todos os demais.  Así, esta segunda edición da Concentración de Coches Deportivos de Mazaricos contou con 50 vehículos. Tras a chegada degustaron uns pinchos e, posteriormente fixeron unha ruta que saíu da Picota, baixou a Carnota e subiu a Serra de Outes ante a atónita mirada de varios viandantes dos concellos  veciños. Na concentración estaban presentes o campión galego de rallys 2006 e 2007 José M. Barmarti e o 5 veces campión galego de rallys e 2 veces campión galego de montaña, Manuel Senra Caamaño.

A potencia máxima que se acumulou entre todos os participantes foron 20.000 CV e o coche con maior potencia contaba con 600 CV. O alcalde, Juan José Blanco Riveiro, afirmou que “é un xeito de dar a coñecer o noso concello en diversos sectores de actividade”. Por outra banda, o rexedor sinalou que “este ano hai máis coches que o ano pasado, polo que é unha cita que se vai consolidando”.

 


Arquivado en:

Novas