X

O Carballo Interplay reúne o sector dos contidos dixitais no seu Día Pro

O Carballo Interplay reúne o sector dos contidos dixitais no seu Día Pro

A xornada profesional do Interplay reúne mañá xoves en Carballo produtoras, plataformas e medios de comunicación como Flooxer, PlayZ ou CRTVG con creadores e creadoras de contidos dixitais. Ademais dunha zona de encontro, haberá dous debates nos que se abordarán a conexión entre a televisión e os contidos nativos de Internet mais a produción audiovisual para novos medios
O programa do xoves pecharase co pitching das propostas finalistas do Premio a proxecto de webserie en galego e coa estrea de Hai vida en Bran?, gañadora do Premio na pasada edición do Interplay.

Arquivado en:

Novas