X

O concello de Dumbría asume a presidencia do Parque do Megalitismo da Costa da Morte.

O concello de Dumbría asume a presidencia do Parque do Megalitismo da Costa da Morte.

O alcalde do concello de Dumbría, José Manuel Pequeño Castro, será o primeiro presidente do Comité de Dirección do Comité de Dirección do Parque do Megalitismo da Costa da Morte que este mércores celebrou a súa primeira reunión no Dolmen de Dombate. Na xuntanza participaron representantes dos concellos do Parque e o responsábel das áreas de Patrimonio e Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira.

O alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño Castro, foi elixido este mércores primeiro presidente do Comité de Dirección do Parque do Megalitismo da Costa da Morte, ao se decidir iniciar o turno por número de habitantes de menor a maior.

O Comité de Dirección do proxecto de impulso ao Parque do Megalitismo da Costa da Morte, celebrou a súa primeira reunión oficial no dolmen de Dombate, sen dúbida, un dos emblemas do proxecto, despois de quedar constituída a pasada semana nunha xuntanza previa celebrada na Deputación da Coruña. A primeira reunión oficial tiña como único punto da orde do día a elección do presidente do Comité de Dirección.

Alcaldes e representantes municipais dos concellos da Laracha, Cabana de Bergantiños, Carballo, Dumbría, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Ponteceso, Vimianzo e Zas participaron nesta xuntanza que, segundo o deputado Xosé Regueira, "pon xa en marcha un traballo que se materializará nos próximos meses cando se decidan os primeiras actuacións a desenvolver para o que a Deputación ten xa un orzamento previsto de 500.000 euros.

Arquivado en:

Novas