X

O Concello de Vimianzo valora o I Simposio sobre o Castelo como un éxito rotundo

O Concello de Vimianzo valora o I Simposio sobre o Castelo como un éxito rotundo

Manuel Antelo, alcalde do Concello de Vimianzo, valora o I Simposio sobre o Castelo de Vimianzo que se desenvolveu durante a pasada fin de semana como un éxito rotundo xa que participaron ao redor dun cento de persoas, os especialistas explicaron a historia do Castelo, alumeando algunhas zonas escuras e presentouselle á cidadanía o proxecto de futuro para a fortaleza.

 

O alcalde anunciou que nun breve período de tempo comezarán as obras de adecentamento da zona oeste do Castelo, adaptándoa coma un parque con sendeiros. Estas obras teñen como obxectivo a posta en valor da contorna do Castelo e a súa integración na vila de Vimianzo.

O deputado Xesús Soto, anunciou o compromiso da Deputación da Coruña de colaborar nas obras de mellora e posta en valor da fortaleza. Anunciou que o Pleno da Deputación da Coruña dera luz verde a unha axuda de máis de 260.000 para executar estas intervencións. Recorda o alcalde que o congreso sobre os castros foi fundamental á hora de iniciar as escavacións no Castro das Barreiras ou o congreso sobre o megalitismo foi o punto de partida para a adquisicion por parte do Concello dos monumentos megalíticos de Vimianzo. Antelo recorda que recentemente o Concello de Vimianzo adquiriu a propiedade do dolmen de Pedra Cuberta e ten apalabrado outro monumento que nestes momento está pendente de escrituralo.

 

Arquivado en:

Novas