X

O GALP Costa da Morte celebrou unha xornada de familirización para a Ruta dos Faros

O GALP Costa da Morte celebrou unha xornada de familirización para a Ruta dos Faros

O pasado luns 03 de decembro, celebrouse unha xornada dedicada a salientar os recursos turísticos vencellados á Ruta dos Faros de Galicia que se atopan nos concellos que comprende este organismo.

Esta actividade, á que estaban convidadas todas as empresas asociadas a Mar Galaica, gozou coa representación de case unha vintena de entidades turísticas do territorio, quen deron a coñecer as potencialidades dos seus negocios e do entorno que os rodea ao resto de participantes mediante unha xornada de networking celebrada no Faro de Cabo Vilán. A creación da rede de contactos continuou durante a comida namentres se degustaba unha selección de pratos do mar no O Rincón da Baiuca.

Ademais de crear unha rede de contactos con outros negocios da zona, as persoas participantes recoñeceron os atractivos turísticos salientados pola Ruta dos Faros nunha presentación que foi complementada con visitas interpretadas a recursos representativos do territorio: visita ao o Faro de Cabo Vilán, selfie no Santuario da Virxe da Barca, visita ao Secadoiro de Congro de Lemar, unha ruta interpretativa coas mariscadoras de Camariñas en Xaviña, a Ruta dos Naufraxios e o Museo Man de Camelle. As persoas participantes coñeceron de primeira man a información relativa a estes bens e ao produto turístico A Ruta dos Faros de Galicia de maneira que poderán influenciar aos seus clientes para que os visiten con fundamentados argumentos.


Arquivado en:

Novas