X

A Costa da Morte énchese de música cunha nova iniciativa, o ciclo de concertos Orballo Cultural

23/07/2020

A Costa da Morte énchese de música cunha nova iniciativa, o ciclo de concertos Orballo Cultural

O próximo venres, 25 de xullo, O Fórum de Carballo acolle o concerto de MClan. O grupo, coñecido por cancións tan emblemáticas como Carolina, será o encargado de inaugurar a iniciativa Orballo Cultural, coa que a Costa da Morte encherá de música o seu verán.

Unha actividade cultural que complementa a oferta estival que ofrecen os diferentes concellos para que habitantes e viaxeiros desfruten dun xeito diferente dunha terra de praias, natureza e tradicións pero tamén de arte, música e buliciosa actividade. 

Durante o próximo mes de agosto, cantantes e grupos como Ortiga, Sés ou Quercus Blues participarán neste ciclo de concertos que se celebrará en catro emplazamentos únicos da Costa da Morte: Fórum (Carballo), O Semáforo (Fisterra), Parador Costa da Morte (Muxía) e EcoMuseo Forno do Forte e Forno da Costa (Buño). 

En cada unha das veladas, tomaránse as necesarias medidas de prevención fronte á COVID-19 e o aforo será limitado por motivos de seguridade. As entradas para acudir aos eventos estarán dispoñibles para os concertos de agosto a partir do próximo luns 27 de xullo ás 12:00 en puntos físicos ou online mediante woutick.es.

Arquivado en:

Novas