X

Resolución definitiva das axudas da Diputación da Coruña

10/06/2022

Resolución definitiva das axudas da Diputación da Coruña

Trala publicación da resolución pola que se aproba a concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa DP0030: subvencións dirixidas a entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos para a mellora da calidade, competitividade e actividades turísticas, da provincia da coruña, no ano 2022 no BOE provincial, xa é oficial que a CMAT ten concedida unha axuda  de 74.160€ para a anualidade 2022, sendo o importe total a executar e xustificar de 92.700€.

As actividades cofinanciadas pola Deputación da Coruña durante esta anualidade serán as seguintes:

Liña: Iniciativa de desenvolvemento de produto turístico:

  • Labores de mantemento e actualización dos medios de promoción online e tecnolóxico da CMAT.
  • Servizo de comunicación e marketing online.
  • Deseño, maquetación, impresión de elementos promocionais.
  • Desenvolvemento do produto turístico “Turismo de estrelas”.
  • Planificación e definición dunha estratexia de turismo sostible en Costa da Morte.

Liña: Xestión técnica da asociación:

  • Secretaría técnica.
  • Oficina técnica de seguimento do PET.
  • Asesoría fiscal.

Arquivado en:

Novas