X

Xornadas especiais para conmemorar a artesanía da comarca dende o Castelo de Vimianzo

Xornadas especiais para conmemorar a artesanía da comarca dende o Castelo de Vimianzo

Neste ano 2018 que Europa reivindica a importancia do Patrimonio Cultural non podían deixar de celebrarse os chamados “Días Europeos da Artesanía” destinados a achegar as artes manufactureiras a poboación. Obradoiros, exposicións e xornadas de portas abertas en xeral, que en Vimianzo non collen de sorpresa ao comprender o seu Castelo un dos Centros de Artesanía en vivo máis importantes de todo o territorio nacional, lugar onde os visitantes poden coñecer en calquera época do ano as distintas artesanías e oficios tradicionais.

Durante esta fin de semana o Castelo de Vimianzo conmemorará a artesanía da comarca, coa participación de todos os artesáns que ao longo do ano se dan cita dentro dos vellos muros da fortaleza, ademais poderase visitar a exposición de xoiería asinada por Esther Ferreiro que tanto éxito está a colleitar nestas semanas.

http://www.diasdelaartesania.es/

Arquivado en:

Novas