X

Albergue Bela Muxia


O albergue Bela Muxia é un espazo dedicado a todo o que queira gozar duns días de descanso en Muxía (A Costa da Morte) na Coruña. Un lugar para a cultura, que contén unha exposición temática de lendas, poemas e textos relacionados co mar e coa cultura da zona. Creados por poetas e escritores universais como Rosalía de Castro, García Lorca, José Saramago, Cesar Antonio Molina, López Abente… e peregrinos ilustres como Nicolás de Popielovo, Rey Alfonso VII…

A estancia no noso albergue fará que o visitante poida descubrir a nosa cultura mariñeira, descansar e visitar nunha contorna rodeada de natureza, praias, monumentos e igrexas que xamais esquecerá.
Bela Muxía é un albergue con todos os servizos para todo o que queira parar uns días en Muxía despois de facer o camiño de Santiago ou simplemente de vacacións. Un espazo para durmir, descansar e para a cultura, que contén unha exposición temática de lendas, poemas e textos relacionados co mar e coa cultura da zona que o visitante nunca esquecerá.


Bela Muxía está situado no corazón da Costa da Morte, é un pequeno pobo ben situado e dotado de todos os servizos para que o visitante este a gusto. Rodeado de mar e de natureza neste mapa sitúase o albergue para que o visitante poida planificar a súa viaxe.

 

Categoría: Albergue/Hostel

Rango de prezos por persoa: 

Cuarto Compartido 13-20€ / Habitacións privadas 30-70€

Pago efectivo, Visa, Mastercard

Horario de 6.00h - 21.00h

Q Calidad

Turismo Familiar

Acéptanse mascotas

Accesible para persoas con mobilidade reducida

Fálase galego, castelán, portugués

Posibilidade de practicar surf nos seus arredores

Se ves, non te podes perder: 

  • Coñecer ao emblemático Ángel, persoa de referencia na zona

  • Aloxarse nun albergue de luxo

  • Disfrutar da ruta dos faros

  • Sendeirismo e praia

Albergue Bela Muxia